Cousa de Meigas >> Subscríbete agora! »

Un relato lucense: a Maruxaina

Calquera lucense poderá contarvos esta historia mariñeira que moitos declaran ser verdade, contando cunha gran relevancia e tendo ata a súa propia festa ritual.

Maruxaina era famosa por feitizar aos pobres mariñeiros coa súa voz e conducir os seus barcos a unha tráxica noite contra as rochas. Tal foi o medo dos navegantes ante a aparición deste ser, que decidiron montar un monumento de ofrenda na Praia de O Torno e celebrar un ritual no segundo sábado de agosto facendo unha comida ao mediodía, e pola noite encendendo unhas velas e facendo soar unos cornos de mar para chamar a atención da serea.

Moitos son os relatos relacionados coas sereas, seres a miúdo representados como metade peixe e metade muller e outras como metade paxaro, metade muller. Pero sen ter que irnos a Grecia, nas augas dos islotes de Os Farallóns, en Lugo, dorme unha muller acuática que aseguran tratarse dunha serea (outros, din que unha nereida) chamada Maruxaina.

Logo debíase pescala e xuzgala na Praia polos seus actos determinando se debían bailar con ela ou tentar queimala (debido a que ás veces se supoñía que a Maruxaina tamén podía indicar as rutas mariñas durante os temporais ou avisar destes).

Queres unirte á miña comunidade?

Si, quero!

Subscríbete agora e recibe todas as novidades cada semana.

Colle a túa vasoira e a voar!

Acerca del autor

EquipoCousaDeMeigas